CHEGA A TOLEIRA e temos que empezar a pornos a elaborar as tarefas:
Exercicios, actividades, proxectos, tarefas, estándares, competencias, rúbricas....
Por que ? Para que?
Estrés total!
USO DE FERRAMENTAS PARA O TRABALLO COOPERATIVO PADLET É unha opción para gardar e compartir diferentes contidos multimedia . Pode ser utilizado como un arquivo persoal ou coma encerado colaborativo para saber o que opina todas as persoas ou o que opina cada membro. Pode ser utilizada como unha ferramenta máis no traaballo cooperativo e o resultado pódese subir ao blog. No curso utilizouse para tratar o tema "Razóns para cambiar a metodoloxía" Google drive (presentacións) INFORMACIÓN: GOOGLE DRIVE Unha ferramenta moi interesante para o traballo en equipos. A cada equipo ou persona lle corresponde unha páxina onde pode facer a parte do seu traballo e compartirlo. Serve para facer presentacións con páxinas en blanco e compartila a través do blog.
TODOS TEMOS ALGO QUE APORTAR! QUE APRENDIMOS? "O TRABALLO EN EQUIPO FAVORECE AS RELACIÓNS E FACILITA TRABALLAR AS COMPETENCIAS Como empezar a traballar por equipos? ETAPAS: 1.- Formación equipos equilibrados e lograr a súa cohesión : Dinámica cooperativa para coñecernos, cohesionar o equipo e buscar o nome do equipo: O branco e a diana e folio xiratorio 2.-Reparto de cargos de: Coordinador, Secretario, Portavoz e Axudante. 3.-Elaboración d plan de equipo : -Obxectivos do equipo -Nome e cargos -Compromisos persoais -Sinaturas 3.- Posta en marcha dos equipos. Recopilación de ideas previas por parte do equipo Posta en común sobre as mesmas ( Folio xiratoiro): lectura e reflexion sobre as ideas previas de cada membro e elaboración dunha resposta única que se escribirá nun has tarxetas e que se pora no muro para a posta en común de todos os equipos (aplicación POS-IT para apple) ...
Comentarios
Publicar un comentario